A semá pasada tiven o pracer de acudir ao plató do veterano programa da tvg A Revista, onde Loly Gómez e Ana Gayoso me entrevistaron e estivemos conversando sobre fotografía, maternidade, lactancia….
Díronme a noraboa polo recente premio no concurso de fotografía Marina Alta así como polas publicacións en Vogue. A verdade é que me fixeron sentir moi a gusto, foi un pracer charlar con elas.
Podes volver a ver a entrevista neste enlace, a miña intervención comeza no minuto 46,40:
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-5719889
Case unha semá despóis do meu paso polo programa, estou moi contenta ca repercusión obtida e a axenda de xullo e agosto está practicamente completa! Así que se precisas unha sesión nos próximos meses, ponte en contacto conmigo o antes posible, estarei encantada de falar contigo!
Unha aperta a todas